Asemblea ordinaria do 20 de Xuño de 2024

Asemblea Ordinaria

Aquí podes ver a convocatoria da asemblea ordinaria.

O vindeiro xoves 20 de Xuño ás 20:30 en primeira convocatoria e as 21:00 en segunda celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria da SD Guitiriz. Terá lugar na Casa Habanera. Están convocados a mesma todos os socios e socias do club que reúnan os requisitos establecidos nos estatutos do club.

ORDE DO DÍA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


1/ Aprobación acta anterior.

2/ Balance económico tempada 2023/2024

3/ Balance deportivo tempada 2023/2024

4/ Previsións tempada 2024/2025

5/ Restructuración de cargos na xunta directiva

6/ Rogos e preguntas

Asemblea Extraordinaria do 10 de Agosto

Asemblea Ordinaria

Aquí podes ver a convocatoria da asemblea extraordinaria.

O vindeiro xoves 10 de Agosto ás 20:00 en primeira convocatoria e as 20:30 en segunda celebrarase a Asemblea Xeral Extraordinaria da SD Guitiriz. Terá lugar na Casa Habanera. Están convocados a mesma todos os socios e socias do club que reúnan os requisitos establecidos nos estatutos do club.

ORDE DO DÍA DA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA


1/ Elección de nova Xunta Directiva tras finalizar o seu mandato a actual.

As candidaturas poden ser presentadas na Asemblea ou enviadas con anterioridade ao correo electrónico do club: sdguitiriz@yahoo.es

2/ Rogos e preguntas

Sen máis despídome atentamente, en Guitiriz a 31 de xullo de 2023


José Manuel Lorenzo López, SD Guitiriz

Asemblea ordinaria do 21 de Xullo

Asemblea Ordinaria

Aquí podes ver a convocatoria da asemblea ordinaria.

O vindeiro 21 de Xullo ás 20:00 en primeira convocatoria e as 20:30 en segunda celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria da SD Guitiriz. Terá lugar no Suso Cruz. Están convocados a mesma todos os socios do clube que reunan os requisitos establecidos nos estatutos do club.

ORDE DO DÍA DA ASEMBLEA ORDINARIA
1/ Lectura e aprobación acta anterior
2/ Balance deportivo tempada 2022/2023
3/ Balance económico tempada 2022/2023
4/ Previsións deportivas e económicas para a tempada 2023/2024
5/ Actualización seccións dadas de alta no club
6/ Fin de mandato da actual xunta directiva
7/ Rogos e preguntas

Sen máis despídome atentamente., en Guitiriz a 11 de xullo de 2023

José Manuel Lorenzo López, SD Guitiriz

Asemblea ordinaria do 27 de agosto

Asemblea Ordinaria

Aquí podes ver a convocatoria da asemblea ordinaria.

O vindeiro 27 de Agosto as 17:00 en primeira convocatoria e as 17:30 en segunda celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria da SD Guitiriz. Terá lugar no Suso Cruz. Están convocados a mesma todos os socios do clube que reunan os requisitos establecidos nos estatutos do club.

ORDE DO DÍA DA ASEMBLEA ORDINARIA
1/ Balance económico tempada 2021/2022
2/ Balance deportivo tempada 2021/2022
3/ Previsións deportivas e económicas para a tempada 2022/2023
4/ Traslado información sobre doazón recibida
5/ Traslado plan social/cultural/deportivo a propoñer ao Concello
6/ Aprobación de cambios na xunta directiva ata o final do presente mandato (02/07/2023)
7/ Rogos e preguntas

Sen máis despídome atentamente., en Guitiriz a 11 de agosto de 2022

José Manuel Lorenzo López, SD Guitiriz

O Guiti deixa dous puntos nun partido no que foi superior

SD Guitiriz vs Abadín

Os pupilos de Delfín dispuxeron das mellores ocasión e tiveron o balón gran parte do partido, pero o pouco acerto de cara a porta e a boa defensa rival, que foi moi contundente e moi intensa, cun xogo duro e defensivo dende que se puxeron por diante no marcador.
A primeira parte comezou con dominio do Guiti, e cun Abadín que defendía bastante repregado, con moito xogo no centro do campo e poucos achegamentos á área, sendo as ocasión máis claras para os locais, en internadas por banda e sobre todo en balóns parado, baza que empregaron os locais durante todo o partido debido ás dificultades dos visitantes neste tipo de acción, con César e Tony como principais rematadores, que conectaron co balón nalgunha ocasión, que case remata dentro.
No tempo de lecer, Delfín fixo o único cambio dos nosos no partido, sacando a Pereira para dar entrada a Jordy, que ocupou a posición de dianteiro, deixándolle a carril esquerdo a Antón. No inicio da segunda metade, as sensacións foron moi parecidas as do visto na primeira parte, con dominio local, pero sen crear demasiado perigo ante unha boa defensa. Foi no minuto cincuenta e sete cando, tras un despexe de César de cabeza, Diego Rico conecta de primeiras un gran golpeo que supera a Jesús, que non pode facer nada por deter o esférico, que se cola na portería, poñendo por diante ao Abadín.
Subiron a intensidade os nosos dende o saque de centro, con máis velocidade no xogo e cun xogo máis directo, buscando a área tanto con pases rasos como con centros. Nun destes lances, no sesenta e tres, a zaga abadinense derriba a un xogador local, e o colexiado sinala penalti, que convertía Antón en dúas ocasións, debido a que tivo que ser repetido por invasión de área.
Tra-lo empate, o Guiti seguía coa iniciativa ofensiva, ante un Abadín que firmaba o empate e defendía con uñas e dentes o marcador pese a quedar aínda máis de media parte por xogarse. As ocasións si que chegaron nos compases finais, téndoas claras, como un tiro de Labrada, un remate de cabeza de Óscar no saque dunha falta, múltiples saques de curruncho e sobre todo unha ocasión de Jordy, que recibe un balón a media altura preto da portería, que marcha por enriba do traveseiro, acabando o partido co empate a uns.
Os nosos viaxan o domingo á Lomba, onde terán un partido moi complicado ante o Meira, invicto e líder da liga a día de hoxe.

Tropezo inicial para os nosos en Muimenta

Muimenta vs SD Guitiriz | 2021-2022 2ª Aut

O equipo senior caeu ante a S.D. Muimenta a volta da Segunda Rexional despois dunha tempada e media de parón. O encontro disputouse no Pichón, onde os locais conseguiron un resultado moi favorable ao gañar por catro a dous, a pesares de que os nosos nunca lle perderon a cara ao partido e tiveron opcións ate o final.
O partido comezaría con dominio do Muimenta, pero con máis acercamentos perigosos por parte dos nosos, que atopaban profundidade polas bandas con Pereira e Novo, e que tiñan a Javi como referencia no medio, intentando internadas para atopar unha boa posición de disparo.
Porén, serían os locais os que comezarían marcando, aproveitando dous erros para facer, no minuto vinte e cinco o un a cero, e de seguido, no vinte e nove, o dous a cero, ambos obra do capitán, Hugo Engroba, que aproveitou dous pases atrás para bater a Jesús con tiros que non lle daban opción ao meta de Os Vilares.
Os nosos non lle perdían a cara ao partido e tentaban ter o balón e reducir a desvantaxe antes do descanso. O gol chegaría no corenta e catro, nunha internada de Javi na área na que, tras superar a varios rivais, poñía o dous a un cun tiro pegado ao pao largo de Noche, que non podía facer nada por evitalo, chegando así ao tempo de lecer cun gol de desvantaxe.
Para a segunda parte, retirábanse Pereira, que tiña molestias, e Oscaría, e ingresaban no terreo de xogo Jose e Labrada. Tra-lo descanso, os locais saían máis enchufados ao partido e no minuto corenta e sete, era de novo Hugo Engroba quen remataba un bo centro atrás e facía o tres a un, que deixaba o partido complicado para os visitantes.
Os nosos incrementaban a intensidade e centrábanse no ataque para reducir diferenzas canto antes, contando con bos balóns á area, un deles rematado por Jaba, sen encontrar portería. Seguían tamén as complicacións, esta vez coa lesión de Jose vinte minutos despois de ingresar no terreo de xogo, entrando no seu lugar Diego Castro, unha opción moi ofensiva, buscando a remontada.
Foi así como no minuto sesenta e seis, pouco despois do cambio, Mauro tiraba de intelixencia e sacaba rápido unha falta dende a frontal para deixar só a Labrada diante da portería, poñendo o tres a dous, e dándolle forzas aos nosos. Tra-lo gol, o Muimenta encerrouse atrás e comezou a perder tempo, defendendo con case todo o equipo metido en campo propio. Aínda así, as ocasioóns chegaban, e unha das máis claras tívoa Antón, que cun tiro alto estivo a piques de sorprender ao meta local, que tivo dificultades para atallar o balón.
Xa nos últimos cinco minutos, as complicacións ían un paso máis alá coa expulsión de Javi por dobre cartón amarelo no minuto oitenta e oito de partido, quedando así o equipo con só dez xogadores. Dous minutos despois, nunha contra dos locais, Edu Seivane facía o catro a dous empurrando o balón despois dun pase que o deixaba só diante da portería.
Finalmente, o encontro acabaría en catro a dous, resultado que deixa un moi mal sabor de boca para os nosos. Na vindeira xornada, o Guiti recibe ao Abadín na volta da Segunda Rexional ao Suso Cruz.

< Volver
No hay productos en tu carrito.
Total de producto: 0,00€
Pagar ahora
0
0 artículos en tu carrito - 0,00€
Pagar ahora