O Guiti deixa dous puntos nun partido no que foi superior

Os pupilos de Delfín dispuxeron das mellores ocasión e tiveron o balón gran parte do partido, pero o pouco acerto de cara a porta e a boa defensa rival, que foi moi contundente e moi intensa, cun xogo duro e defensivo dende que se puxeron por diante no marcador.
A primeira parte comezou con dominio do Guiti, e cun Abadín que defendía bastante repregado, con moito xogo no centro do campo e poucos achegamentos á área, sendo as ocasión máis claras para os locais, en internadas por banda e sobre todo en balóns parado, baza que empregaron os locais durante todo o partido debido ás dificultades dos visitantes neste tipo de acción, con César e Tony como principais rematadores, que conectaron co balón nalgunha ocasión, que case remata dentro.
No tempo de lecer, Delfín fixo o único cambio dos nosos no partido, sacando a Pereira para dar entrada a Jordy, que ocupou a posición de dianteiro, deixándolle a carril esquerdo a Antón. No inicio da segunda metade, as sensacións foron moi parecidas as do visto na primeira parte, con dominio local, pero sen crear demasiado perigo ante unha boa defensa. Foi no minuto cincuenta e sete cando, tras un despexe de César de cabeza, Diego Rico conecta de primeiras un gran golpeo que supera a Jesús, que non pode facer nada por deter o esférico, que se cola na portería, poñendo por diante ao Abadín.
Subiron a intensidade os nosos dende o saque de centro, con máis velocidade no xogo e cun xogo máis directo, buscando a área tanto con pases rasos como con centros. Nun destes lances, no sesenta e tres, a zaga abadinense derriba a un xogador local, e o colexiado sinala penalti, que convertía Antón en dúas ocasións, debido a que tivo que ser repetido por invasión de área.
Tra-lo empate, o Guiti seguía coa iniciativa ofensiva, ante un Abadín que firmaba o empate e defendía con uñas e dentes o marcador pese a quedar aínda máis de media parte por xogarse. As ocasións si que chegaron nos compases finais, téndoas claras, como un tiro de Labrada, un remate de cabeza de Óscar no saque dunha falta, múltiples saques de curruncho e sobre todo unha ocasión de Jordy, que recibe un balón a media altura preto da portería, que marcha por enriba do traveseiro, acabando o partido co empate a uns.
Os nosos viaxan o domingo á Lomba, onde terán un partido moi complicado ante o Meira, invicto e líder da liga a día de hoxe.