O xuvenil quedou ás portas de puntuar

O conxunto xuvenil, quedou moi preto de traer algo positivo na súa visita ao Pastoricense. O encontro que se disputou no campo de A Mina (A Pontenova) ía chegar ao descanso con 0-1 no marcador grazas ao gol de Fran.

Mediada a segunda metade igualaron os locais, e cando o empate parecía definitivo, nos instantes finais chegou o 2-1 que deixou ao xuvenil ás portas de regresar con un punto.