O infantil saíu derrotado ante a Residencia

O conxunto infantil perdeu na súa visita á Residencia por 3-2. Os locais adiantáronse no marcador dúas veces, e en ambas a SD Guitiriz foi quen de neutralizar a desvantaxe con tantos de Lolo. Sería cun gol nos últimos minutos onde os locais se ían quedar cos tres puntos.

O encontro foi de marcado carácter físico, resolveuse en accións e detalles concretos e no balón parado.