Final desafortunado ante o Cabreiros

O Suso Cruz acollía, na tarde do domingo, unha das citas máis importantes ata o momento.

O primeiro equipo recibía ó Cabreiros, ambos con dezaoitos puntos, na loita polos postos altos da táboa.

Os nosos sairon con intensidade e, durante os primeiros minutos dominaron o xogo, aínda que sen crear moito perigo, o cadro de Jose Carlos foi quen de conxugar varias xogadas combinadas.

A primeira mala noticia para o conxunto guitiricense chegaría ó cuarto de hora do encontro. Adrián Novo, con molestias na parte posterior do muslo dereito, tería que ser sustituído para dar entrada a Antón (Antón por Novo, 17′).

Con este cambio o cadro técnico tivo que reaxustar posicións, Javi ocuparía o carril de Novo, e Antón pasaría á dianteira xunto con Alvariño.

Ó pouco tempo e tras unha boa xogada persoal, Javi conseguiría meter o balón preto da área pequena, onde nin Antón nin Alvariño conseguiron acadar o remate.

O primeiro tempo transcorrería coa sensación de dominio local que, aínda sen xerar moito perigo, tampouco recibiría ningunha ocasión clara por parte do Cabreiros.

O comezo da segunda metade seguiría na mesma línea, ata que no minuto cincuenta e cinco Alvariño forzaría o segundo cartón amarelo de Cristian Otero.

O que parecía ser un punto de inflexión a prol, convertiríase no arma máis perigosa para o Cabreiros, que ó reaxustar o seu once aproveitou a falta de intensidade do cadro local para pasar a crear máis perigo.

Ó final dun segundo tempo bastante inerte, nunha xogada a balón parado chegaría o gol dos visitantes. (0-1, 81′)

O Guitiriz cambiou o chip, aínda que demasiado tarde. Mais nos últimos intres tería ocasións dabondo para empatar; Antón non puido controlar un gran balón de Cabado ás costas da defensa, e Javi tamén a tivo a balón parado.

Xa no desconto, unha gran xogada combinada polo carril dereito acabaría por poñer o balón no punto de penalti, onde Alvariño remataría pero o balón sairía rexeitado por un defensa.

A ocasión máis clara sairía das botas de Jose, cun fantástico golpeo tras un rexeite na frontal; o balón que ía directo o ángulo da porteria acabaríao despexando a córner Paulino coa xema dos dedos.

Tra-lo córner chegaría o pitido final do colexiado Lago Barreiro, que poñería fin a un encontro desputado no que o se escapan tres puntos importantes do Suso Cruz, para colocar ó primeiro equipo na séptima posición da táboa afastado por catro puntos da segunda plaza de ascenso.

Na vindeira xornada, os nosos viaxarán a Barreiros para desputar a duodécima xornada de liga, co obxectivo de voltar co triunfo.