Varios xogadores da base citados polos combinados provinciais

Esta semana fixéronse públicas as diversas convocatorias das seleccións provinciais, nas categorías Sub 13 e Sub-11 foron citados dous xogadores do noso clube en cada categoría para os adestramentos que se celebrarán nos vindeiros días.

Para o adestramento da Sub 13 foron citados Anxo e Asier mentres que na categoría Sub-11 Aitor e Jony acudirán á sesión de traballo previa aos próximos campionatos comarcais.

Sen dúbida un recoñecemento ao traballo destes xogadores do noso club, pero sobre todo un recoñecemento ao labor que veñen realizando ambos planteis e os seus técnicos.