Accidentado encontro para o Xuvenil en Viveiro

Quédome co mellor deste deporte que é a xente. Grazas a Rojo e á SD Viveiro polo trato e axuda trala fortuita lesión de Paulo.

Jose (Adestrador)

Ás baixas de última hora, uniuse a lesión fortuita de Paulo nos primeiros minutos de xogo. Cunha brecha no pómulo tivo que abandoar o encontro para recibir varios puntos de sutura. Antes xa tivera o cadro Guitiricense unha clara ocasión que rematou no longueiro local.
A pesar da manifesta superioridade numérica solo un erro na saída permitiu aos locais adiantarse. Preto do descanso nunha desafortunada xogada chegaba o 2-0. Os locais dominaban o encontro pero o noso equipo defendeuse con orde.
A segunda metade máis pracida para os locais que anotaron tres tantos máis.