O Xuvenil auséntase en Viveiro

Os xuvenís entraron moi mal no partido, 3-0 abaixo aos 8 minutos. A pesar de contar co handicap do curto do plantel, o comezo de encontro non admite buscar escusas. Co encontro xa decidido nos primeiro minutos, sobre a media hora de xogo a lesión de Chuca, puxo aínda máis se cabe o encontro costa arriba. Ao descanso 6-0 para os locais.

Na segunda metade cambiou moito a cousa, o equipo a pesar de xogar con dez competiu moi ben e rematou esta metade cun parcial de 3-2 . A vindeira xornada visitan ao Pastoricense na procura de mudar a imaxe da primeira metade e voltar a mostrar a competitividade habitual.