O Lourenzá tampouco pode coa SD Gutiriz

Terceira xornada de liga e terceira victoria para os nosos, 3-1, mesmo resultado que nas dúas xornadas anteriores e esta non é a coincidencia máis curiosa deste comezo de tempada. Como xa ocorrera ante Meira e Folgueiro un dos tantos foi logrado dende a metade do terreo de xogo, nesta ocasión Iván Labrada foi o autor do tanto.

Antes Javi por partida dobre puxera con vantaxe aos nosos, un remate dende fóra da área na primeira metade e unha falta na segunda puxeron terra de por medio no marcador. Co 3-0 non baixou a intensidade a SD Guitiriz e converteu en misión imposible os intentos dos laurentinos por levar algo positivo do Suso Cruz. Tras o tanto visitante a falta de pouco máis de dez minutos o marcador puido ser máis avultado con varias ocasións moi claras quedando para os visitantes a última ocasión do encontro ben resolta por Jesús.

A vindeira xornada visitamos á Candelaria.