Estrea con victoria no Suso Cruz

A SD Guitiriz impúxose por 3-1 ao Folgueiro na segunda xornada de liga, con estes tres puntos remata a xornada na segunda posición.

Tal e como pasara na primeira xornada a SD Guitiriz mandou sempre no marcador, e para inauguralo de novo un tanto dende case 50 metros, Javi foi o autor do mesmo. Xa na segunda metade Pablo poñía terra de por medio co 2-0 e Iván Labrada nos últimos instantes certificaba a victoria co 3-1.

Nos prolegómenos do encontro tivo lugar a entrega do Trofeo Modesto, Diego Ferreiro foi o xogador no que recaeu o recoñecemento.

A vindeira xornada de novo cita no Suso Cruz, o Lourenzá será o rival.