Traballado punto en Roupar

Igualada a un gol na visita da SD Guitiriz a Roupar. Encontro de baixo ritmo de xogo que beneficiou aos locais que levaron o encontro a onde buscaban. A escasa continuidade no encontro fixo que a SD Guitiriz tivera problemas para xerar xogo.

O gol de Javi na segunda metade e os posteriores minutos, nos que se puido ver a versión que mostrara o equipo en xornadas anteriores, parecían achegar tres novos puntos. Pero unha desafortunada xogada a balón parado devolveu a igualdade ao marcador. Nos poucos minutos que restaban puido caer o encontro para calquera lado. A SD Guitiriz tentouno e tivo varias opcións claras de gol, unha no último suspiro nas botas do debutante Antón, pero tamén o Roupar tivo a súa por medio de Esteban que Jesús foi que de resolver.

A vindeira xornada recibimos ao Ourol.