Pena máxima en San Ciprián

Os nosos viaxaron á Mariña na tarde do domingo para desputar o encontro correspondente á décimo séptima xornada de liga na Veiga de San Ciprián.

O cadro técnico elexiu o sistema 4-1-4-1 para aproveitar o ancho do campo e poder xerar perigo polas bandas con Javi e Pablo como extremos.

Transcorridos os primeiros intres, os dous equipos, con moito respeto, trataron de ser sólidos atrás na tenta de non conceder ocasións ó rival polo que o xogo concentrouse no medio do campo.

Pasado un cuarto de hora do encontro, un bo balón ás costas da defensa acabou con Alvariño derrubado na área, onde o colexiado Ron Valle sinalou o punto de penalti que acabaría transformando Ansede cun golpeo axustado a base do pau. (0-1, 21′)

Pouco duraría a alegría nos chairegos; tan só nove minutos despois, nunha falta lateral, Rubén acabaría por rematar o balón ó fondo da rede para poñer o empate no marcador. (1-1, 30′)

Con táboas no electrónico chegaría a peor noticia para o cadro visitante. César, o capitán, tería que ser sustituído por molestias nos xemelgos. (Antón por César, 35′)

Pouco tempo despois, xusto antes de acadar o tempo de lecer, chegaría o segundo para os locais. Tras unha xogada que a piques estivo de supoñer o un a dous, un contragolpe preciso do San Ciprián acabou co gol de Borja para poñer en ventaxa ós mariñanos. (1-2, 42′)

Co cambio de campo, ó conxunto de José Carlos puido atacar o segundo tempo a favor do aire, o que axudou a manter o balón nunha posición adiantada durante prácticamente todo o segundo tempo.

Javi tentou sorprender a Madariaga dende o seu propio campo, pero o balón saiu por riba da porta.

Tamén a tivo Labrada para conseguir o empate, pero a defensa amosouse impermeable.

Pero a ocasión máis clara voltaría ser dende os once metros, esta vez sobre Pablo, mais a fortuna non estivo do lado do Guitiriz desta volta, e a definición imprecisa de Ansede sairía por riba do traveseiro.

Ó pouco tempo, e con dominio do conxunto visitante, chegaría a expulsión de Marcos para deixar ós nosos con superioridade numérica, mais ós tres minutos Miguel vería o segundo cartón amarelo para igualar de novo as condicións e acabar de rematar un partido desputado ante un dos galos da competición que xa se coloca segundo cunha diferenza de doce puntos por riba dos nosos.

Xa agarda o Guitiriz ó Sporting Pontenova para desputar a vindeira xornada no Suso Cruz e demostrar que aínda se pode, mais os nosos necesitan da forza da afección para acadar unha xeira positiva e volver a engancharse nos postos altos da táboa.