Xornada sen victorias para a SD Guitiriz

Ningún dos tres conxuntos da SD Guitiriz foi quen de acadar os tres puntos, o primeiro equipo e o conxunto infantil colleitaron unha derrota e o conxunto alevín arrincou a liga cunha igualada.

O primeiro equipo volveu regresar sen ningún punto, nesta ocasión de Alfoz, unha vez máis e tras facer un bo arranque de encontro no que se adiantou cun gol de Jose, veu como o Alfoz igualaba pouco despois e remontaba cun tanto a falta de dez minutos.

O conxunto infantil recibiu ao Burela que mostrou o seu potencial ofensivo, aínda así o noso equipo comezou adiantándose no marcador, gol obra de David Vázquez, e tivo o dous cero nun balón que se estrelou no pau longueiro do conxunto visitante. Coa igualada do Burela e o paso dos minutos o encontro foi caendo do lado dos mariñáns que acabaro vencendo por 1-11.

Igualada a dous tantos ante o Castro para o conxunto alevín, Paulo deu vantaxe ao noso equipo ata en dúas ocasións pero un postreiro tanto do Castro fixo que o choque rematara con reparto de puntos.