Xa dispoñible o calendario do primeiro equipo

Fíxose esperar pero o calendario da Segunda Autonómica xa foi feito público pola FGF. A SD Guitiriz comezará o campionato rendendo visita ó Meira, o encontro será o 10 de setembro ás 17:00 no campo da Lomba (sempre que non haxa modificación do horario oficial).

O primeiro encontro como locais chega na segunda xornada, o do Folgueiro será o primeiro dos dous encontros que os nosos xogarán de xeito consecutivo no noso feudo, na terceira xornada é o Lourenzá o que nos visita.

Deixámosvos o calendario completo aquí para que poidades descargalo.