Troco no banco do Primeiro Equipo

A tempada 2016/2017 comeza para o primeiro equipo da SD Guitiriz o vindeiro sábado ante o Lourenzá. A principal novidade está no banco, o corpo técnico encabezado por Manuel Iñíguez puxo fin a súa etapa no noso club, esta vacante é ocupada por Delfín con amplo pasado no fútbol da Terra Chá e que conta coa experiencia nos bancos da súa etapa no Momán.

O primeiro equipo competirá un ano máis na Segunda Autonómica Norte, unha competición na que quedan encadrados os seguintes conxuntos:

Lourenzá (Descendido), Muimenta (Descendido), Iberia, Candelaria, Sporting Pontenova, Folgueiro, Xermade, Cabreiros, SD Guitiriz, Alfoz, Mondoñedo, Cospeito, Abadín (Ascendido), Catro Roldas (Ascendido), Pol (Ascendido) e Meira (Ascendido).