A igualada a un tanto ante o Orillamar o pasado fin de semana puxo punto e final a unha satisfactoria pretempada do primeiro equipo. Seis semanas de intensas sesións e sete amigables disputados é a bagaxe coa que a SD Guitiriz chega ao comezo dunha nova tempada.
A primeira xornada medirá aos nosos co Meira, o choque celebrarase no campo de A Lomba (Meira) e xa ten horario definido, concretamente o vindeiro domingo 10 de setembro ás 18:00.