Positiva estrea do infantil ante o Foz

Boa estrea da competición oficial na casa, cun partido que se escapou ao final e de bo seguro servirá de gran aprendizaxe para os nenos.

Ramón (Adestrador SD Guitiriz)

Unha parte para cada equipo, cun primeiro tempo no que o Guitiriz se impuxo e ameazou a portería do Foz en numerosas ocasións, e unha segunda na que o baixón físico pasou factura e os visitantes levaron a iniciativa. O partido parecía pechado co 2-0 a falta de 5 minutos pero a incapacidade para cerrar o encontro e a reacción do Foz levaron as táboas ao electrónico