Oscarín xa xoga coa SD Guitiriz

Este venres foi un día feliz para a SD Guitiriz, foi un día deses nos que equipos coma o noso cobran sentido. Equipo no que podes gozar de practicar toda unha vida este fascinante deporte chamado fútbol pero tamén un equipo co que soñar xogar algún día.

Para Óscar (Oscarín cando menos uns anos máis) ese día chegou no amigable ante o Oza. De seguro que o disfrutou,  foi o primeiro de moitos que quedan por vir.

No meramente deportivo víctoria por 4-0 ante o conxunto coruñés do Oza. Rubén en tres ocasións e Javi foron os goleadores.