O primeiro equipo bota a andar o mércores 2 de agosto

A tempada 2017/2018 bota a andar, para o primeiro equipo, o vindeiro mércores 2 de agosto. A primeira sesión está programada no Noreña Basanta (Parga). Este será o  campo para o resto da pretempada debido ás tarefas de mantemento no campo Suso Cruz de Guitiriz.

Son varios os amigables xa confirmados (aínda que algún podería variar de data). Nun inicio,a posta de corto será o martes día 8 de agosto ante o Castro (encontro que se disputará en Parga). Santaballés, Xermade e SD Becerreá son outros dos rivais aos que se medirá a SD Guitiriz, para os que se irá confirmando data e hora.