O Lucense A levou os tres puntos nun entretido encontro

O conxunto alevín perdeu por 2-3 ante o Lucense A. O encontro foi entretido e ambos conxuntos buscaron a portería contraria con insistencia, finalmente foron os visitantes os que se levaron os puntos. Na vindeira xornada o alevín visita á Piringalla.