O inicio lastrou ao xuvenil ante o Foz

Facía apenas unhas semanas que se veran as caras, naquela ocasión no Municipal de Foz, o noso xuvenil realizara posiblemente o mellor encontro da tempada e coa idea de repetir rendemento e sensacións encaraba o choque.

Pero o comezo do mesmo, puxo por diante moi rápido ao CD Foz con dous tantos de diferenza no marcador. O xuvenil seguiu competindo pero coa moral xa bastante mermada. Co paso dos minutos e sobre todo no último tramo os visitantes ampliaron o marcador ata deixar o definitivo 0-7 no marcador.