O Alevín finaliza a liga como campión invicto

O conxunto alevín venceu ao Casás na última xornada de liga, con estes tres puntos o conxunto de Morandeira rematou a liga como campión invicto do seu grupo. Xa no vindeiro ano, dará comezo a segunda fase, nela a SD Guitiriz medirase aos primeiros clasificados dos outros grupos e tamén a 4 conxuntos da Primeira Autonómica.