Festa de goles, con igualada, do Infantil ante o Foz

O choque do infantil ante o Foz deixou 8 tantos, catro por equipo, nun enfrontamento cheo de alternativas no xogo e no marcador. Os visitantes puxéronse moi rápido con 0-2, concretamente con 7 minutos xogados. Aí demostrou unha vez máis a súa capacidade de reacción o infantil, cun Adrián moi inspirado ante o gol conseguiu darlle a volta ó resultado e poñerse por diante no comezo da segunda metade.

O Foz non baixou os brazos e volvía voltear o marcador con pouco máis de dez minutos por desputar. Hugo Pena cun lanzamento de falta ía establecer o definitivo 4-4.