Información eleccións SD Guitiriz 2019
Nesta páxina poderás seguir o proceso electoral así como consultar a información do proceso. Sempre podes consultar calquera dúbida no 636171821
APERTURA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
O xoves 20 queda aberto o prazo de presentación de candidaturas.
• Segundo os estatutos do clube os únicos requisitos para a presentación dunha candidatura son ter a condición de socio (é imprescindible estar ó día nas cotas) e que a candidatura conte polo menos con catro persoas. (Presidente, vicepresidente, Secretario e Tesoureiro).
•A presentación da candidatura farase nun documento que recolla coma mínimo a seguinte información: Cargo, Nome e Apelidos, DNI e número de socio e dentro do prazo fixado. En www.sdguitiriz.es poderase baixar o ANEXO 1
•A candidatura poderá ser presentada atraves dos seguintes medios:
Por e-mail, enviando a sdguitiriz@yahoo.es
Por mediación de calquera membro da actual xunta directiva
O clube non obstante pon o número de teléfono 636171821 para calquera información adicional ou consulta e tamén para a recollida das candidaturas que non poidan ser entregadas por algún dos medios citados anteriormente.
PECHE DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
Peche de presentación de candidaturas.
PUBLICACIÓN PROVISIONAL CANDIDATURAS
Poderás consultar aquí neste apartado a lista provisional de candidaturas, abríndose un prazo de 48 horas para posibles reclamacións, a efectuar vía correo electrónico (sdguitiriz@yahoo.es)
O xoves 27 a actual xunta directiva tras non recibir ningunha candidatura, decide presentala para dar continuidade ao proxecto iniciado. Presenta a mesma o socio número 62, Jesús Lorenzo Moreiras. Forman parte da mesma membros da xunta en funcións con número de socio 66, 72, 118 e 144.
FIN DE PERÍODO DE RECLAMACIÓNS E PUBLICACIÓN LISTA CANDIDATURAS DEFINITIVA
Tras finalizar o prazo de reclamacións publicarase a lista definitiva de candidaturas:
O xoves 27 a actual xunta directiva tras non recibir ningunha candidatura, decide presentala para dar continuidade ao proxecto iniciado. Presenta a mesma o socio número 62, Jesús Lorenzo Moreiras. Forman parte da mesma membros da xunta en funcións con número de socio 66, 72, 118 e 144.
As candidaturas definitivas terán dende ese momento acceso a toda a información, documentación, censo ou calquera cousa que precisen.
Elección de Xunta Directiva na Asemblea
Procederase no punto do orde do día fixado na Asemblea a elección da nova xunta directiva:
De haber máis de unha candidatura mediante a votación dos socios asistentes.- De haber unha soa candidatura esta será proclamada directamente como nova xunta directiva
De non haber ningunha directiva fixaríase un novo prazo para a presentación de candidaturas.
Podes consultar a Directiva do club aquí