Derrota pola mínima ante o Castro no primeiro test de pretempada

Con apenas dúas sesións de traballo, a SD Guitiriz afrontou o primeiro encontro amigable da pretempada, en fronte o CD Castro. O conxunto chairego prepara a súa participación na Rexional Autonómica tras o seu paso pola Terceira Galega.

Vitoria visitante por 1-2, o noso gol obra de Jose. O encontro deixou boas sensacións no noso técnico, Delfín, que sinalou que “o equipo mostrouse moi serio, plantoulle cara ao Castro”. As poucas sesións de adestramento realizadas antes do choque cree que “condicionaron o noso ritmo de encontro” aínda así resalta que “o equipo xerou ocasións” e que marchou do encontro con “moi boas sensacións”.

Hoxe nova sesión de adestramento en Parga ás 21:00.