Resultado abultado, aínda que a derrota foi xusta. O Burela mostrouse moi superior.
Ramón (Adestrador SD Guitiriz Infantil)
Encontro entre dous equipos dun nivel moi diferente, cun Burela superior de principio a fin. Tralo descanso, en vista da incapacidade para sacudirse o dominio local, os nosos cambiaron de sistema, presionaron máis alto en busca de protagonismo no encontro. Aínda así, victoria máis que xusta dun equipo amplamente superior.