Delfín segue ao fronte do primeiro equipo

Tras completar unha gran tempada na que se estreaba como adestrador na SD Guitiriz, Delfín, renovou o seu compromiso coa nosa entidade e guiará ao primeiro equipo nunha nova campaña na Segunda Autonómica Norte.  

A pasada  tempada  o equipo loitou ata o final polo salto de categoría.  Non puido con todos os atrancos que se foron presentando: sancións e  lesións de gravidade que afectaron a varios compoñentes do plantel.

A SD Guitiriz competirá no Grupo Norte da Segunda Autonómica onde están encadrados os seguintes conxuntos:

SEGUNDA NORTE (16 equipos)

BURELA

E.D. LOURENZÁ

GUITIRIZ S.D.

IBERIA C.F.

S.D.C. CABREIROS

S.D. POL

S.D. CANDELARIA

MONDOñEDO CIUDAD

UD FOLGUEIRO

ABADÍN CF

C.D. ALFOZ

C.D. COSPEITO

MEIRA C.F.

OUROL

ROUPAR

MATELA