Comunicado tras o Pontenova vs SD Guitiriz

Comunicado da SD Guitiriz.

Dende a SD Guitiriz e ante o ocorrido no encontro disputado no día de onte ante a Pontenova gustaríanos deixar constancia do seguinte:

Esta web é o medio oficial onde publicamos as nosas informacións, polo tanto gustaríanos que non se utilicen de xeito malicioso outro tipo de opinións e comentarios para facer dano ó noso club.

Onte no Campo da Mina ( A Pontenova) o noso club viviu unha situación pouco agradable e que por suposto nos tería gustado que non ocorrese.

Somos conscientes de que unha decisión arbitral non á de ser motivo de protestas sexan individuais ou colectivas, sen importar o seu grado de intensidade, porque así o din as normas e porque debemos actuar con tranquilidade e sentido común e así non provocar situacións desagradables deste tipo.

Dita conciencia fixo que no mesmo campo lle trasladaramos ao colexiado as correspondentes desculpas pola reacción pola última xogada do encontro. Así o reflectiu en acta. Neste punto pedimos polo tanto que non se vertan falsas acusacións.

Mesmas desculpas que agora trasladamos no presente comunicado a todos os que de un xeito ou doutro están a pasar uns momentos cando menos de incomodidade polo que a de ser tan so un deporte.

En canto a reacción do colexiado, fixo o que probablemente faría calquera persoa nesa situación que é resgardarse no seu vestiario pero tamén nos gustaría recalcar que non existiu ningún tipo de agresión como algúns queren facer ver.

Recoñecido isto o que tampouco podemos permitir, polo menos no que estea nas nosas mans, é o trato mal intencionado, cínico, demagóxico dada da situación por diversos medios e tamén persoas que se atreven a emitir xuízos de valor sobre persoas que non coñecen. Para todos estes cando menos pedímoslles que fagan o esforzo de revisar o historial deportivo das persoas que pouco menos están tratando de criminais, este non lles dará dereito a moito na opinión de algúns pero creemos que si cando menos o de ser tratados dun xeito xusto e ponderado.

Somos os primeiros en poñer énfase en que estas situacións non se repitan e por iso estamos a total dispoñibilidade dos estamentos oportunos para traballar nesta dirección ao igual que a poñeremos en defender ós nosos xogadores dunha desmedida , premeditada e maliciosa exposición pública.

Neste comunicado non emitimos ningún tipo de xuízo do ocorrido no encontro no meramente deportivo pois o obxectivo do mesmo é tan só pedir algo máis de prudencia nas valoracións, por suposto non faltar á verdade e por enriba de todo reiterar as nosas desculpas como xa fixemos persoalmente ao colexiado e calquera persoa que poida terse sentido ofendida.