A SD Guitiriz segue sumando amigables

A SD Guitiriz segue a súa posta a punto nesta recta final da pretempada. Nos últimos días disputou dous novos encontros ante o Xermade e o Roupar.

O pasado domingo impúxose por 2-1 ao Xermade. Rubén e Jose foron os autores dos goles.

O martes foi o Roupar o rival, o choque rematou con 2-0 no marcador grazas aos goles de Javi e César.

Estaba previsto para o vindeiro finde o encontro ante a SD Becerreá pero finalmente non se disputará, no seu canto o primeiro equipo medirase ao equipo de Liga Galega Xuvenil do Orillamar, o encontro dará comezo ás 18:30 o vindeiro sábado.