A SD Guitiriz disputou dous novos amigables

O primeiro equipo continúa a súa preparación de cara ó comezo do campionato ligueiro, ás sesións preparatorias hai que engadir dous novos amigables disputados nos últimos días.

Ante a SD Cazás victoria por 7-2. Pablo e Iván Labrada por partida dobre, Borja, Jose e Mauro foron os goleadores. O encontro disputouse en Parga.

Mesmo escenario para o choque ante o Santaballés, tras 90 intensos minutos o encontro rematou con igualada a tres tantos. Borja, Javi e Suso foron os goleadores.

Quedan 20 días para o comezo da liga pero de momento non se coñece o calendario da mesma.