A SD Guitiriz completou a primeira sesión da pretempada

O primeiro equipo comezou a traballar, Delfín dirixiu a primeira toma de contacto tras as vacacións estivais. O adestramento desenrolouse sen incidencias e nel participou Javi, tralo seu paso polo Castro regresa á casa, no que desexamos sexa unha produtiva etapa, tanto persoal coma colectivamente.

Non foi a única novidade , Iván Labrada, despois da lesión sufrida a tempada pasada e que o tivo apartado durante varios meses dos terreos de xogo, puido volver vestirse de corto e adestrar con normalidade. Tamén estivo presente Toni que se perdeu gran parte da tempada pasada por motivos laborais.

A semana de traballo completarase hoxe xoves cun novo adestramento.