A mellor versión non foi suficiente para puntuar ante o líder

O equipo fixo un gran traballo e méritos pa puntuar

Jose (Adestrador)

O conxunto xuvenil saíu tentando consolidar as sensacións mostradas na
xornada anterior ante a Pontenova, a posta en escena parecía ir polo camiño
correcto pero nunha xogada a balón parado e tras varias posibilidades de
despexe o balón acabaría na portería de Pablo.

Non acusou o golpe o equipo e non tardaría en devolver a igualdade ao
marcador, Vizo definía ante o porteiro local logo dunha rápida transición
ofensiva. O Foz tentaba levar a iniciativa pero era incapaz de lograr fluidez
no xogo ante unha SD Guitiriz coas ideas claras.

Antes do descanso unha nova recuperación na parcela central remataría nunha
nova transición rápida que finalizou Yani para poñer o 1-2.

A segunda metade comezou polos mesmos camiños, os locais con modificacións
tácticas intentaban cambiar o signo do encontro aínda que sen conseguir crear
demasiadas opcións claras. Sería nunha xogada sen aparente perigo no seu comezo
onde o Foz ía atopar o empate.

A pesar do cansazo polo esforzo e da igualada no marcador a SD Guitiriz
puido definir o encontro neste tramo. Yani en dúas ocasións, a primeira nun man
a man no que a súa vaselina marchou fóra e na segunda nun remate que co
porteiro xa superado bateu no longueiro. Paulo tras acción individual volveu
quedar diante do porteiro local que nesta ocasión evitou o tanto cunha
intervención de mérito.

Os locais comezaron a desesperarse co paso dos minutos e cada vez tiñan
menos claridade nas súas ideas ata que un balón longo tras saída e despexe de
Pablo lle quedaba ao dianteiro local para lograr o 3-2. Cos dous equipos con
dez xogadores e as forzas xa moi xustas a SD Guitiriz ía ter no último suspiro
unha nova opción nos pés de Martiño pero o seu lanzamento saíu fóra.

A vindeira xornada comeza unha nova competición para o equipo xuvenil, renderá
visita ao SD Viveiro.